In Memoriam

Formaba parte xa irremediable do imaxinario do meu mundo laboral. E gañou un oco nesa outra faceta da miña vida que é o meu mundo personal. Como? Sendo irrepetible.

Falei hai uns anos aquí del, con motivo dun homenaxe que o seu pobo lle facía por ser.... iso... irrepetible. E porque merecía aparecer nestas páxinas como artista, poeta, home curioso e vello admirable. Porque hai xente que só colecciona anos co tempo, pero el coleccionaba historias e arte para contalas.

Era Marselo da Rabela. Inconfundible.

Hoxe a vila de Muros estará triste a pesar deste sol de principios de xuño, porque el xa non está. Ó final marchou, e non me puden nin despedir. Porque a distancia non é fácil, e as vidas complícanse... e as últimas visitas quizáis non foron tantas como quixera. E non pudo coñecer a Mateo, nin Mateo coñecelo a el...

Imaxino que historieta lle contaría ó que lle esperaba na porta do máis alá para recibilo. Seguro que aínda están rindo!

Vai por ti, Marselo!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Dublín + Howth: saboreando Irlanda.

15 años

En globo por la Capadocia